O afamado embutido será degustado o próximo 14 de marzo
O concello do Barco de Valdeorras iniciou o pasado ano unha campaña de difusión a súa emblemática festa gastronómica do Botelo, celebrando xornadas de degustación por diversas cidades de Galicia.
O próximo 14 de marzo, será a cidade e Vigo, no restaurante do Hotel Coia, onde poderá degustarse o botelo de Ou Barco, co seu alcalde, Alfredo García, á fronte.
O menú, cun prezo de 25 euros, incluirá empanada de maravallas, típica de Valdeorras, botelo con chourizos, patacas e repolo e bica, viños mencía da denominación Valdeorras, ademais de cafés e augardentes.
As prazas limitadas, obrigan a realizar unha reserva adiantada con ingreso na conta corrente ES90 2080 5142 8030 4000 1447, indicando o número de comensais. Pódese reservar, mesmo mesa para grupos numerosos.
O último día para facer a reserva e o pago será o próximo día 10 de marzo.