Skip to main content

Culleredo instala dispensadores de xel en parques e prazas

Culleredo instala dispensadores de xel en parques e prazas

Cada un dos aparellos contén 1.000 dose e o Concello prevé colocar unha vintena nas zonas máis concorridas

O Concello de Culleredo instalou dispensadores de xel hidroalcohólico nas principais prazas e parques do concello para facilitarlles aos veciños a limpeza de mans nos lugares públicos. Estes aparellos son contactless, é dicir, non é necesario tocalos xa que funcionan con sensores que detectan as mans e automaticamente expulsan o xel desinfectante.

Cada un dos aparellos ten capacidade para unhas 1.000 doses que se reporán con frecuencia e conta cunha papeleira integrada, para evitar que se tiren papeis, máscaras ou luvas nas inmediacións.

Presentación dos dispensadores de xel
"Queremos adoptar medidas que adapten os espazos públicos de Culleredo aos parámetros que sinalan as autoridades sanitarias", explica o alcalde do concello, José Ramón Rioboo. Segundo o rexedor, o investimento municipal "máis inmediata" debe ir destinada a incrementar a seguridade e a protección dos cidadáns. A este respecto, destaca a importancia de coidar os parques infantís de face ás fases máis avanzadas de desescalada.