O Concello cre que hai familias que necesitan este apoio educativo
Culleredo detectou que hai familias que carecen de medios para imprimir ou facer fotocopias dos traballos escolares e dos apuntamentos que son imprescindibles para a actividade lectiva que debido ao COVID-19 débese realizar desde os propios fogares. Ante esta situación, o Concello decidiu pór en marcha unha iniciativa educativa para apoiar aos escolares durante a docencia que agora reciben na súa casa.
Para dar resposta a eses casos, desde o consistorio realizarase e farase entrega nos domicilios as copias correspondentes.
O alcalde, José Ramón Rioboo, apunta que o obxectivo da iniciativa é “evitar que o confinamento afecte o menos posible ao desenvolvemento da actividade académica” e estima que debe ser prioritario o ámbito educativo nesta situación.