Martelinho, para que te quero? desafía a recrear a icona das Festas de San Xoán do Porto
Pon a proba o teu talento e contribúe a aumentar a popularidade desta icona das Festas de San Xoán do Porto
A creatividade é o límite! Inspírate na túa cidade, no teu barrio, nos teus ídolos, en persoas e lugares, na tradición e os costumes, na gastronomía, en elementos culturais e turísticos, na actualidade ... Podes crear un vídeo, facer un debuxo (dixital, ilustración); ou elaborar un martelo. Presenta, como máximo, 3 propostas da mesma categoría ou de categorías diferentes, e podes ser un dos gañadores da 7ª edición deste Concurso. O Desafío é este: Martelinho para que te quero? A resposta é a que ti vas dar. Preséntate ata o 22 de maio.
Se o teu proxecto é seleccionado vai estar na Exposición Final do Concurso, do 7 ao 30 de Xuño, no Palacio das Artes - Fábrica de Talentos, no Porto!
Inscricións e máis información: http://fjuventude.pt/pt/destaques/1483/concurso-martelinhos-de-s-joao%E2%80%9918-%E2%80%93-7-edicao.aspx