Esta edición contará coa participación de 85 expositores de venda de produtos alimenticios e artesanía
A feira Sabores de Chaves terá lugar os días 2, 3 e 4 de febreiro.
Este ano a organización do evento vai reforzar dous compoñentes: a gastronomía e a animación. Así, ademais da venda e exposición dos produtos locais, no Pavillón Municipal de Chaves o concello vai apostar por un interesante cartel de animación, do cal formarán parte dous concertos, que terán lugar no Pavillón Expoflávia. Doutra banda, para dar a coñecer a gastronomía flaviense, no Pavillón Municipal terán lugar demostracións culinarias coa participación de chefs coñecidos. De forma simultánea, un abanico de restaurantes terán os máis típicos pratos da cidade. Coa combinación destas tres vertentes - feira, gastronomía e animación - que transcorrerán en puntos distintos, a Cámara pretende levar aos visitantes a toda a cidade e evitar que o evento quede só circunscrito ao espazo tradicional onde a feira ten lugar.
Sabores de Chaves é xa un dos maiores eventos gastronómicos da rexión Norte e comeza a ser tamén unha referencia a nivel nacional. Esta edición conta coa participación de 85 expositores de venda de produtos alimenticios, friames e artesanía.
Trátase dunha iniciativa organizada polo Municipio de Chaves e EHATB - Emprendimientos Hidroelétricos do Alto Tâmega e Barroso.