Catro cidades do Eixo Atlántico entre as máis culturais e creativas de Europa, segundo un observatorio da Comisión Europea
Santiago de Compostela, Braga, Porto, Guimarães destacan neste observatorio da Comisión Europea
Portugal contabiliza no Observatorio de Cidades Creativas e Culturais da Comisión Europea a sete cidades, entre as que se atopan tres cidades que forman parte do Eixo Atlántico: Guimarães, Braga e Porto, mentres que de Galicia, só Santiago de Compostela forma parte do ranking.
O ranking elaborado pola Comisión Europea ve no potencial cultural e creativo das cidades europeas un instrumento crucial para impulsar o crecemento económico e a cohesión social.
No mapa interactivo “on line” do Observatorio das Cidades Culturais e Creativas é posible monitorizar e avaliar o desempeño das cidades, comparándoas coas que presentan as mesmas características.
En consonancia coa Comisión Europea, é posible retirar diversas conclusións:
Europa do Norte ten o mellor desempeño macrorrexional. Europa Occidental lidera a lista do “dinamismo cultural”, seguida de moi preto pola Europa Setentrional e Meridional. A Europa Occidental figura igualmente no tope da lista “economía creativa”, seguida de preto por Europa do Norte. As mellores dinámicas de creación de emprego atópanse nas cidades de Europa do Norte e do Leste;
Na mostra de cidades analizadas, os espazos culturais sitúanse xeralmente a menos de 30 minutos a pé (cinco minutos de bicicleta) do domicilio dos interesados, sendo facilmente accesibles por transportes públicos;
Os futuros fondos da política de cohesión da UE poden seguir apoiando a converxencia socioeconómica e a cohesión territorial, impulsando os postos de traballo creativos e a innovación, as conexións de transporte e o bo goberno, áreas nas que persisten as lagoas máis graves
As cidades máis creativas e culturais son igualmente as máis prósperas: existe unha conexión positiva e estreita entre os resultados obtidos no Índice das Cidades Culturais e Creativas e os niveis de rendemento das cidades.