Skip to main content

Carballo renova a tarxeta Carballo PortaAberta

Carballo renova a tarxeta Carballo PortaAberta

Utilízase dende hai máis de dez anos en instalacións deportivas


O Concello vén de poñer en marcha a nova tarxeta Carballo PortaAberta, que cambia non só en canto ao deseño, senón tamén no que se refire á súa aplicación. Así, a tarxeta, que até o de agora era utilizada exclusivamente nas instalacións deportivas, tamén serve agora para as bibliotecas municipais.
Deste xeito, os usuarios e usuarias das piscinas ou salas fitness só teñen que facilitar os seus datos a primeira vez que aluguen un libro e a partir dese momento xa estarán dados de alta no servizo da biblioteca. Ademais, as persoas que non sexan usuarias das instalacións deportivas teñen a posibilidade de facer a súa tarxeta nas oficinas de Carballo Deporte, situadas na rúa Vila de Corcubión.
Cada titular pode escoller se quere ser usuario só da biblioteca, só das instalacións deportivas ou dos dous servizos sen ningún problema. A tarxeta Carballo Porta Aberta comezou a utilizarse no ano 2004, grazas a un convenio firmado entre o Concello de Carballo e Caixa Galicia, co obxectivo de axilizar o acceso ás instalacións deportivas, o que se consegue mediante un mecanismo que funciona por aproximación.