Skip to main content

Carballo da luz verde para as bases das axudas de estudos para alumnado de Infantil e do Convervatorio

Carballo da luz verde para as bases das axudas de estudos para alumnado de Infantil e do Convervatorio

O Concello de Carballo aproba as bases da convocatoria de axudas de estudos para o alumnado de 2º Ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo para o curso 2015-2016. O obxectivo da convocatoria é o de axudar ás familias cunhas condicións socio económicas máis desfavorables a afrontar os gastos de escolarización dos seus fillos e fillas.

Para ser beneficiario/a das axudas, o requisito indispensable é o de estar empadroado e ser fillo/a de nais e pais empadroados no termo municipal de Carballo, con veciñanza no municipio e convivir co beneficiario/a, ou emancipados/as con domicilio no municipio. Para a valoración das solicitudes teranse en conta criterios económicos de renda familiar. O crédito total destinado á concesión destas axudas é de 51.000 euros, concedéndose un total de 300 axudas de 150 euros cada unha para alumnado de Educación Infantil por un importe de 45.000 euros; e axudas por un importe de 6.000 euros para alumnado do Conservatorio que ascenderá ao 50 por cento do custe da matrícula dunha única especialidade para o curso completo. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura situado na rúa do Pan s/n) no prazo de quince días hábiles ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios do Concello. Tamén se ofrecerá cumprida información a través da páxina web municipal dos prazos de solicitude en próximos días.

Máis información clicar aquí