Skip to main content

Carballo celebra o segundo Festifolk

Carballo celebra o segundo Festifolk

A música tradicional galega ten unha cita ineludible o sábado 9 de xullo coa celebración en Carballo da segunda edición do Festifolk Costa da Morte

Desta volta, e segundo explica a organización, encabezada polo Concello o fai, non só coa presenza de músicos de renome como Xabier Díaz ou Pepe Vaamonce, senón tamén coa asistencia de grupos de gaiteiros de toda a Costa da Morte, que desfilarán polas rúas de Carballo tocando as súas mellores tonadas.

Xabier Díaz ofrece un espectáculo no que está enriba do escenario cun numeroso grupo de percusionistas e cantoras

Encabezados polo Grupo de Gaitas de Carballo, e á espera das últimas incorporacións, xa están confirmadas agrupacións como Arume, Malante ou A Cruz de Baixar, entre outras moitas. Todas elas pasearán pola vila ao ritmo de muiñeiras, foliadas, xotas... a partir das 21.00 horas. Xa ás 22.00 h. será a quenda de Xabier Díaz e Pepe Vaamonde. O primeiro presenta o seu novo traballo, The Tambourine Man, no que se rodea de Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular coas que, en verbas do propio Díaz, que asistiu á presentación do Festifolk, "imos facer festa en Carballo!".

Pepe Vaamonde abre a noite para presentar tamén o seu novo proxecto musical, Nas pedras do lar, un espectáculo baseado na contundencia e forza da música folk galega, que se mestura cunha chea de novos sabores sonoros.
Colaboración de varias institucións

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo confían en que o evento "vaia medrando pouco a pouco", como unha aposta firme pola música galega e para que teña "mil primaveras máis".