O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a "II Feira de outubro de emprendedoras de Compostela" que rematou hoxe. O rexedor achegouse ata a Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, onde destacou que "é necesario apostar pola innovación e o emprendemento" e pór en valor "aquelo que nós temos, que nos permite competir en mellores condicións nunha economía aberta . O rexedro tamén lembrou a aposta do concello pola biotecnoloxía "onde a universidade de Santiago é punteira", polas novas tecnoloxías, e polo emprendemento social.
O obxectivo principal desta Feira de Emprendedoras da Comarca de Compostela, impulsada pola Oficina de Promoción Económica dependente da Alcaldía, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres, e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.
Nesta segunda edición, a temática escollida foi a innovación social no emprendemento, xa que, segundo a organización, é neste eido no que se traballan valores asociados á creatividade, ao coñecemento, ao impacto social e medioambiental e todo isto totalmente compatible coa creación de empresas innovadoras.