
O próximo día 3 de febreiro, ás 21h, ten lugar nas instalacións do Brigantia-EcoPark de Bragança o evento “Startup Europe Week Bragança”, enfocado na promoción das dinámicas de emprendedurismo no municipio
A participación na Startup Europe Week coloca a Bragança no mapa das cidades europeas que máis importancia dan a esta temática. O evento é unha iniciativa promovida pola Comisión Europea e pola Startup Europe que visa o fomento do emprendedurismo a través de accións que establezan a aproximación entre os organismos de goberno local e emprendedores das rexións.
Entre o 1 e o 5 de febreiro, serán debatidas as realidades locais de emprendedurismo en varias rexións de Europa, nun conxunto de máis de 350 accións que transcorrerán en paralelo. Coa súa participación, o Concello de Bragança reafirma a prioridade do municipio sumarse a crear un territorio competitivo e innovador, que favoreza a creación e crecemento de novas empresas, e capaz de apoiar aos emprendedores ao longo do percorrido de desenvolvemento do propio negocio.
O evento terá lugar nas instalacións do Brigantia-EcoPark, ás 21h (hora local) do día 3 de febreiro de 2016.
Máis información:
André Guimarães SPI – Sociedade Portuguesa de Inovação
Tel: 226 076 400
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Skype: andreguimaraes_spi
El programa detallado podrá ser consultado en: https://www.amiando.com/sew-braganca.html.