Skip to main content

Braga entre as mellores cidades para vivir segundo un estudo da Unión Europea

Braga entre as mellores cidades para vivir segundo un estudo da Unión Europea

Máis do 99% das persoas que residen na capital minhota consideran a cidade “un bo lugar para vivir”

Un estudo realizado pola Unión Europea en 83 cidades dos Estados-membros coloca a cidade de Braga entre as mellores de Europa para vivir. O traballo, que seleccionou tamén a cidade de Lisboa, revela que 99,2 por cento das persoas que residen na capital minhota consideran Braga “un bo lugar para vivir”.

A avaliación fíxose en base á análise de 22 criterios que van desde a seguridade dos coidados de saúde, pasando pola facilidade no acceso á vivenda, a sensación de corrupción, etc. Braga rexistra mellores valores que Lisboa en 18 dos 22 itens analizados.

O estudo que dá conta que máis de 99 por cento dos bracarenses preguntados consideran Braga “un bo lugar para vivirse en xeral”. Na media das 83 cidades estudadas, o sentimento de satisfacción é de 91 por cento

LINK