A nova deseñadora Catarina Santos foi a vencedora do concurso para a creación do logo e mascota da Capital Iberoamericana da Mocidade, título que Braga ostentará durante o ano de 2016
En total, foron sometidas a concurso 24 candidaturas, decidindose o xurado pola creatividade, a innovación, así como a funcionalidade e versatilidade do logo e da mascota elaborados por Catarina Santos, unha moza de 23 anos, residente en Lisboa.
Durante o ano de 2016, Braga será escenario de diversas iniciativas de carácter cultural, deportivo, asociativo, social e outros que van contribuír para afirmar Braga como unha cidade nova, emprendedora e dinámica.
A atribución deste título pola Organización Iberoamericana da Mocidade (OIJ) supón un recoñecemento do traballo desenvolvido na área de mocidade do concello de Braga