 
    
    
É a maior exposición da Península Ibérica e celébrase do 7 a 9 de outubro, no Parque de Exposicións de Braga onde se construirá un mosaico con 100 mil pezas de Cristiano Ronaldo
Representacións tridimensionales de cidades, figuras dos Star Wars en tamaño real e un mosaico de Cristiano Ronaldo, son algunhas das construcións que poderá ver na maior exposición de Lego da Península Ibérica. Braga BRInCKa 2016, LEGO Fan Event celébrase do 7 a 9 de outubro no Parque de Exposicións de Braga.
Cidades con máis de 60 metros cadrados con rañaceos e trens en movemento, personaxes dos Star Wars, máquinas reais feitas con LEGO Technic, robots exclusivos, son só algunhas das cousas que poderá ver na exposición. Pero para que non quede con gana de desfacer todo para volver construír, existe tamén unha área de 5000 metros cadrados para que nenos (e adultos) fagan as súas propias construcións. Terán á súa disposición 15 millóns de pezas de Lego.
Nesta edición, Braga BRInCKa fai unha homenaxe aos campións europeos e un dos mellores futbolistas do mundo. O público vai poder participar na construción dun mosaico de 24 metros cadrados de Cristiano Ronaldo utilizando preto de 100 mil pezas. A montaxe do mosaico realizarase durante o tres días do evento.
Durante o fin de semana o evento contará coa presenza da Legion 501 (tropa de fans do Star Wars que se visten de stormtroopers) e da furgoneta Mystery inc., de Scooby Doo.
As entradas custan entre 1,5 e nove euros.