O alcalde de Viana do Castelo pide reunión urxente ao Ministro de Planeamento e infraestructuras pola reducción das peaxes nas autovías que no teñen efecto na que comunica a costa, desde Porto hasta Galicia
O Presidente da Cámara de Viana do Castelo, José Maria Costa, tras coñecer a decisión do Goberno de reducir o custo das peaxes nas autoestradas do Interior e de Algarve e habendo verificada a omisión da A28 (que discorre pola costa entre Galicia e Porto) neste réxime de reducións, solicitou unha reunión urxente ao Ministro da Planeamento e Infraestruturas de Portugal, Pedro Marques.
A A28 é a autoestrada que conecta o Alto Minho con Porto, servindo, así, a un territorio de baixa densidade con características de interior, con carácter transfronteirizo que tamén comunica con Galicia.
Esta autoestrada, tamén, reúne os requisitos que figuran na Ordenanza nº 106/2016, publicada en días pasados, sobre os índices relativos de poder adquisitivo, e aos relativos ás cuestións turísticas, que serven de soporte á redución na A22, no Algarve.
De face a esta decisión do Goberno, que non contempla a A28, o Alcalde de Viana do Castelo e Presidente da CIM Alto Minho pediu, xa, unha reunión ao Ministro da Planificación e Infraestruturas para saber as razóns desta duplicidade de criterios do Goberno que non incluíu a A28 neste réxime de reducións.
A non inclusión da A28 significa unha inxustiza para a situación concreta do Alto Minho, xa duramente penalizado coa introdución de peaxes en 2011, situación gravosa para as relacións económicas, comerciais e turísticas do Alto Minho con Galicia que se concretou nunha redución da actividade económica nos sectores do comercio, restauración e hostalaría en preto do 40%.
A introdución de peaxes en 2011 levou, tamén, á deslocalización de varias empresas para a área metropolitana de Porto, prexudicando, así, as actividades económicas e a creación de emprego.
O alcalde de Viana do Castelo espera do Ministro da Planificación e Infraestruturas portugués que se reevalúe esta situación, aplicándose tamén o réxime de reducións das peaxes na A28.