Skip to main content

A XII Bienal de Pintura do Eixo remata o seu percorrido en Barcelos

A XII Bienal de Pintura do Eixo remata o seu percorrido en Barcelos

Última oportunidade para contemplar a exposición itinerante, que integra 28 obras inéditas de artistas galegos e portugueses, ata o 17 de febreiro na Galería Municipal de Arte

 A Galería Municipal de Arte de Barcelos  acolle, ata o 17 de febreiro, a XII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, con 28 obras inéditas de artistas de Galicia e o norte de Portugal.

Trátase da última oportunidade para ver a exposición itinerante desta edición da Bienal, que percorreu catorce municipios do Eixo Atlántico desde o mes de novembro de 2017.

Nesta edición, na que participaron máis de 120 artistas, os premios do xurado presidido pola artista portuguesa Paula Tavares, recaeron en:

-Premio Novos Talentos Luso-galaicos: Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo

-Segundo Premio de autor galego: América, de Xosé Lois Carreira López

-Segundo Premio de autor portugués: Two Big Women, de Marco Macedo

-Primeiro Premio á mellor obra do certame: Série 0, Descontruindo, de Fátima Teles.