Skip to main content

A Eurocidade Chaves-Verín convoca tres prazas para técnicos de programas, proxectos europeos e TICs

A Eurocidade Chaves-Verín convoca tres prazas para técnicos de programas, proxectos europeos e TICs

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes até o dia 14 de febreiro ás 19h00 CET

A Agrupación europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín vén de publicar a convocatoria para cubrir tres postos de traballo mediante contrato temporal para a sede da entidade en Feces de Abaixo, Verín, España.

As bases da convocatoria e o formulario de solicitude están dispoñibles na páxina web da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común español, en formato electrónico ou en papel (por correo certificado), ou presencialmente no rexistro da sede da Eurocidade. Utilizando, en calquera caso, o formulario que se inclúe como anexo nas bases da convocatoria ao seguinte enderezo:

AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL EUROCIDADE CHAVES-VERÍN (EUROCIDADE CHAVES-VERÍN, AECT)

Av. Portugal, SN (ANTIGA ADUANA ESPAÑOLA)

Feces de Abaixo

32699 Verín (Ourense), España

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Requírese que aqueles candidatos que rexistren as solicitudes por correo certificado ou a presenten a través doutros rexistros oficiais, comuniquen o rexistro e envío de documentación, dirixindo un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. notificando o envío en papel.

O prazo de presentación de solicitudes será até o dia 14 de febreiro ás 19h00 CET