O programa de formación online ten como obxectivo apoiar aos negocios e ao seu cadro de persoal na implantación de medidas de seguridade, garantindo a comodidade e o benestar do cliente
Esta acción ten unha duración de 20 horas e contará con 300 prazas, que se habilitan para as empresas dos concellos de menos de 20.000 habitantes. A primeira sesión formativa está prevista para o vindeiro 15 de xuño
A campañaEN LUGO, SI incluirá accións tanto para os propios negocios e profesionais co fin de dotalos de ferramentas para facer fronte á nova normalidade, como para a cidadanía co fin de reactivar a demanda e o consumo
A Deputación de Lugo abriu o prazo de inscrición no programa formativo paranegocios e profesionais do comercio, a hostalería e o turismo que organiza a institución dentro da campaña EN LUGO, SI, dirixida a favorecer a reactivación destes sectores dunha maneira estable e eficaz ante a crise da COVID-19.
Esta acción, a primeira da campaña EN LUGO, SI,realizarase en liña a través de Internet a partir do día 15 de xuño, e está pensada para apoiar ás empresas e traballadores na aplicación de medidas de prevención e hixiénico sanitarias, garantindo a comodidade e o benestar do cliente.
O plan formativo, de 20 horas de duración, conta con 300 prazas e está dirixidoaos negocios dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, en tanto que o Concello de Lugo xa ten o seu propio programa.
A Deputación entregará un diploma que acreditará que os negocios participantes realizaron esta formación e son, polo tanto, establecementos seguros.
Campaña EN LUGO, SI
A campaña EN LUGO, SI impulsada pola Deputación de Lugo, na que se enmarca esta acción de formación, ten como obxectivo reactivar, dunha maneira estable e eficaz,o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus.