Do 5 ao 15 de Outubro. Programación AQUÍ
Como acontece desde 1994, nos inicios do mes de Outubro co outono xa entrado e os meses de verán disipándose nos nosos corpos e memorias, acontece este ano unha vez máis na Maia de 5 a 15 de Outubro a vixésima oitava edición do Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia, unha iniciativa do Concello da Maia con produción e dirección artística do Teatro Art'Imaxe.
O noso mote para este ano é "Arruinar a depresión viva o riso en inflación".
Non esquecemos que, canto máis serio e difícil é o asunto ou tema a tratar na arte e na vida, máis desejosos ficamos dos tratar a través da comedia para facer rir e pensar os espectadores.
Este ano connosco estarán máis de 100 profesionais de teatro, de países europeos e americanos pertencentes a 27 que presentarán un total de 31 pezas distintas e farán 32 representacións.
Todos os espectáculos se realizarán á volta do Fórum da Maia, no gran Auditorio e Café-Teatro e ar libre no Auditorio Exterior e espazos envolventes entre o Fórum e o edificio do Concello.
Diariamente haberá espectáculos para todos os públicos, nomeadamente os nenos ás 20h00 e aos sábados e domingos ás 16h00 ambos no exterior e con entrada libre e tamén ás sextas e sábados ás 21h30, na programación regular que decorre todos os días no gran Auditorio, para outros públicos. Ás 23h00 de sextas e sábados haberá espectáculos no Café-Teatro do Fórum. O espectáculo inaugural do Festival será gratuíto e realizarse-á polas 18h00, do festivo do 5 de Outubro, no Exterior do Fórum e con entada gratuíta e haberá na sexta, 6 de Outubro, polas 18h00 unha representación xunto ao Metro/ Fórum da Maia.
Nesta edición estarán presentes 27 compañías sendo 10 de Portugal, 11 de España, 2 de Italia, 1 da Colombia, 1 coprodução Dinamarca/Portugal, outra España/Portugal e unha EUA/Italia/España.