Skip to main content

18.ª Media Maratón Manuela Machado, o 17 de xaneiro, en Viana

18.ª Media Maratón Manuela Machado, o 17 de xaneiro, en Viana

Espéranse cinco mil participantes na gran festa do atletismo

O próximo día 17 de Xaneiro, sae á estrada a 18.ª Media Maratón Manuela Machado, polas rúas de Viana do Castelo. Tras os máis de tres mil participantes en 2015, este ano espérase bater unha nova marca: a organización apunta ao cinco mil participantes, entre atletas do Media Maratón e inscritos na camiñada solidaria de 5km.
“Xa é tradición homenaxear a Manuela Machado por todo o que representa para o país. Este Media Maratón, máis aló de ser unha gran festa do atletismo, é unha homenaxe renovada anualmente ao gran nome do atletismo mundial que é Manuela”, sinalou o alcalde de Viana, Jose Maria Costa..
“ É tamén unha oportunidade de facer unha promoción turística da nosa cidade. O deporte tamén promove os territorios a través dos miles de persoas que asisten e que teñen a oportunidade de coñecer a cidade e o municipio. E esta proba ten tamén esta compoñente de relevancia turística, pero, por encima de todo, é que é unha gran festa do atletismo”, destacou o alcalde. As inscricións están abertas até o 14 de xaneiro