Skip to main content

Axenda 21 Local: apoio á elaboración e implementación

A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico considera o proceso de implantación da Axenda 21 Local como un instrumento estratéxico de relevo para contribuír á sustentabilidade desde os municipios. Eixoecologia actualmente presta o seu apoio en municipios que asumiron e comprometéronse coa metodoloxía da axencia (baseada en información estatística e xeográfica que permita unha aproximación analítica aos sistemas municipais), aos responsables da elaboración da Axenda 21 nos termos establecidos na Axenda 21 local: Apoio á elaboración e implementación, un documento orientador que pretende promover a elaboración da A21 L, no plano de acción para o desenvolvemento sustentable, en territorios caracterizados pola baixa densidade e a elevada dispersión. A metodoloxía proposta, baseada no Modelo Territorial de Sustentabilidade do Noroeste Peninsular aspira á consecución dun territorio estruturado que "conduce a unha maior eficiencia de ciclos, a unha maior equidade de oportunidades e accesibilidades, permitindo unha maior cohesión social". Este documento guía aos técnicos municipais na elaboración e implementación da A21L de forma sinxela e práctica.