PREMIOS REGIOSTARS 2024 - ABERTO O PRAZO DO CONCURSO
Como cada ano desde 2008, a Comisión Europea quere premiar aos proxectos que, baixo o financiamento da Política de Cohesión, contribuísen de maneira destacada a un do cinco obxectivos centrais da Unión:
1. EUROPA MÁIS COMPETITIVA
2. EUROPA MÁIS VERDE
3. EUROPA MELLOR CONECTADA
4. EUROPA INCLUSIVA
5. EUROPA PRETO DOS CIDADÁNS
Deste xeito, até o 31 de maio de 2024 e utilizando calquera dos idiomas oficiais da Unión, os proxectos interesados (que deben estar oficialmente pechados) poderán presentar a súa candidatura a unha das categorías destes premios, que se resolverán na Semana Europea das Cidades e as Rexións.
O premio, unha campaña de comunicación cogestionada pola DG REXIO, permitirá aos galardoados facer publicidade a escala europea dos produtos e resultados do seu proxecto.
Toda a información, guía do concursante e plataforma de presentación dos premios pode consultarse na web do premio: https://regiostarsawards.eu/