CIDADES MÁIS VERDES: CONSULTA PÚBLICA PARA AUTORIDADES PÚBLICAS
A acción convocada pola Axenda Urbana para a UE baixo a temática ?Cidades máis verdes? pretende recoller os principais retos e boas prácticas que resultarán claves para o desenvolvemento do plan de acción da asociación
A Axenda Urbana para a UE lanzou unha consulta pública dirixida a autoridades urbanas locais, rexionais e nacionais. Esta enquisa ten vital importancia para o desenvolvemento do plan de acción da asociación, documento que esbozará medidas específicas para apoiar ás autoridades urbanas en abordar retos identificados baixo a temática de "Cidades máis verdes" co fin de avanzar cara a un urbanismo sustentable. A enquisa aborda catro sub-temáticas: Financiamento, sistemas indicadores, implementación de infraestrutura verde e solucións baseadas na natureza e por último, Metodoloxía para cuantificar a esixencia de infraestrutura verde a nivel local.
O principal obxectivo desta consulta é solicitar información, retos e boas prácticas de autoridades locais, rexionais e nacionais. Esta información abarcará o estado actual de lexislación, políticas, financiamento, e metodoloxías relacionadas coa infraestrutura verde e azul. As respostas dos participantes contribuirán de maneira significativa á formulación dunha batería de accións que serán desenvolvidas nos próximos anos. En paralelo, estas respostas son cruciais na previr calquera duplicación de iniciativas existentes e a ampliación de medidas relevantes.
O prazo para presentar a consulta pública termina o 31 de xaneiro de 2024.
Máis información:
Acceso á consulta pública
Greening Cities Thematic Partnership