Skip to main content

O Eixo Atlántico lamenta o falecemento de Antón Pulido, xurado da Bienal de Pintura

O Eixo Atlántico lamenta o falecemento de Antón Pulido, xurado da Bienal de Pintura

O Eixo Atlántico lamenta profundamente o falecemento de Antón Pulido, un dos grandes referentes da pintura e da cultura galega, e traslada as súas condolencias á súa familia, amizades e a toda a comunidade artística

Antón Pulido estivo vinculado á Bienal de Pintura do Eixo Atlántico como membro do xurado dunha das súas edicións, achegando o seu recoñecido coñecemento, experiencia e criterio artístico a unha das principais iniciativas culturais de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.

A súa participación como xurado contribuíu a poñer en valor o talento dos artistas participantes e a reforzar a dimensión da Bienal como espazo de encontro e diálogo entre creadores de ambos os lados da fronteira.

Nado en Amoeiro (Ourense) en 1944 e afincado en Vigo, Pulido desenvolveu unha extensa traxectoria como pintor, gravador, ilustrador, docente e xestor cultural. Foi director xeral de Cultura da Xunta de Galicia e primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ademais de recibir numerosos recoñecementos pola súa achega á cultura galega.

Para o Eixo Atlántico, o seu falecemento supón a perda dunha figura esencial da cultura galega e dun artista que tamén deixou a súa pegada na historia da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, á que achegou o seu prestixio e o seu compromiso coa creación contemporánea.

O Eixo Atlántico quere expresar o seu recoñecemento e gratitude pola contribución de Antón Pulido á Bienal e trasladar o seu pesar pola perda dun creador fundamental da cultura galega.