O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destaca a importancia de que a sociedade civil de Ferrol se mobilice pola mellora das infraestruturas ferroviarias. Vázquez Mao subliña que o tren non é só unha cuestión local, senón estratéxica para toda Galicia, dada a relevancia de Ferrol como cidade base da Mariña, enclave industrial e portuario, e destino turístico con gran potencial. Sinala que un tren competitivo é clave para o desenvolvemento socioeconómico da rexión e reclama responsabilidade a todas as forzas políticas para avanzar nestas melloras, deixando á parte as disputas partidistas.
Escoite as súas intervencións en: