Skip to main content

Xoán Vázquez Mao analiza nun pódcast o futuro da alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal

Xoán Vázquez Mao analiza nun pódcast o futuro da alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal

O secretario xeral do Eixo Atlántico participa no episodio "Alta velocidade atlântica: agora sim?", do pódcast Galiportus, dedicado ás conexións ferroviarias entre Vigo e Porto e ao futuro da alta velocidade

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, participa no episodio "Alta velocidade atlântica: agora sim?", do espazo O Aparte, integrado no pódcast Galiportus, no que se aborda o futuro das conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal.

A conversa pon o foco na conexión Vigo-Porto e no desenvolvemento dunha liña de alta velocidade que permita vertebrar o litoral atlántico peninsular, desde A Coruña ata Lisboa. Trátase dunha cuestión estratéxica para mellorar a conectividade, reforzar a cooperación transfronteiriza e avanzar na integración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ao longo do episodio analízanse as perspectivas destas conexións e os avances que poden marcar unha nova etapa para a mobilidade ferroviaria entre ambos os territorios.

🎧 Convidámoste a escoitar a intervención de Xoán Vázquez Mao e coñecer máis sobre os retos e as oportunidades da alta velocidade ferroviaria na Eurorrexión.

👉 Escoitar o episodio en Spotify