Skip to main content

Unha vintena de alumnos do Barco de Valdeorras viaxan a Vila Real

Unha vintena de alumnos do Barco de Valdeorras viaxan a Vila Real

 Un grupo de 20 alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do colexio Condesa de Fenosa viaxan este 10 de abril a Vila Real e regresarán o día 11. Pola súa banda os estudantes da Escola Diogo Cao visitarán O Barco os días 8 e 9 de maio. 

«Este é un programa promovido polo Eixo Atlántico que conta co financiamento do Concello do Barco. Así promóvese o coñecemento doutras culturas da eurorrexión», explica Carmela García, directora do centro educativo. 

Durante estes dous días «coñeceremos o centro da cidade cos compañeiros de alí. Teremos un almorzo cos estudantes e unha demostracións dos seus traballos», asegura. Non faltarán as actividades nesta viaxe. 

«Trátase de promover un coñecemento de diferentes costumes do Eixo Atlántico. Tamén de concienciar e entender como se conforma unha eurorrexión, todo isto dende a perspectiva da infancia», espera a directora. 

  • Carmela García, directora do centro educativo, en Radio Valdeorras - Onda Cero