O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, intervén en Radio Monforte para falar das conexións ferroviarias en Galicia
"Chama a atención por que a Xunta ten paralizado o Porto Seco de Monforte. Houbo un conselleiro de Industria que era de Monforte e non fixo nada. Que pode haber por detrás para que unha obra fundamental, que naceu e se impulsou na época de Fraga, non se volva a mover? O Porto Seco é fundamental para o Corredor do Atlántico, para conectar os portos galegos co resto de Europa. Por que a Xunta non moveu nin un papel no tema do Porto Seco de Monforte?"
Escoite a entrevista completa: