O Eixo Atlántico fai balance, en Onda Cero Galicia e Antena Minho, da presidencia de Ricardo Rio e Lara Méndez e das súas actividades de 2023

En febreiro celebrarase a XXXII Asamblea Xeral do Eixo Atlántico na que se decidirá quén será o novo presidente ou presidenta do Eixo Atlántico tras o madantado de Lara Méndez, alcaldesa de Lugo
Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo: "Fun a primeira muller presidenta do Eixo Atlántico, creo que esto tamén foi un hito xa que quere dicir que cada vez hai máis alcaldesas nos concellos. Foi un mandato complexo porque estivo marcado pola pandemia pero en 2020 organizamos a Conferencia de Alcaldes en Pontevedra e fomos o primeiro organismo en facer un cumio neste sentido para abordar en que punto estabamos e cales eran os retos dende unha visión conxunta, a visión do Eixo Atlántico".
Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, afirmou: "Tivemos moita sorte de que estiveran Ricardo e Lara que son persoas que traballan, así como a todo un conxunto de alcaldes e alcaldesas que estiveron a traballar e a participar durante a pandemia. Por un lado, foi unha oportunidade para ver quenes tiñamos músculo e quenes non. Moitas entidades do perfil do Eixo Atlántico, noutros ámbitos, desapareceron como consecuencia da crise e nós, non solo permanecemos, senón que fomos unha referencia de coordinación entre concellos durante a pandemia. Seguimos a crecer".
Ricardo Rio, alcalde de Braga e vicepresidente do Eixo Atlántico, asegurou que: "Estos últimos catro anos marcáronse moito, tamén, pola posición do Eixo Atlántico no ámbito internacional. Penso que hai un factor crucial que é o espírito de colaboración que ten que existir entre todas as cidades para que poidamos tomar como nosas as ambicións dos nosos compañeiros dos outros concellos. Debemos velos como obxectivos comúns".
Escoite o programa completo aquí:
Este programa está cofinanciado polo programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.