Escolares do CEIP Wenceslao Fernández Flórez realizarán un intercambio con estudantes dun centro educativo da localidade portuguesa de Felgueiras, nunha iniciativa promovida polo Eixo Atlántico e que conta co financiamento do Concello da Coruña. Con este programa, o intercambio entre escolares coruñeses con outros países, promovendo o coñecemento doutras culturas da eurorrexión.
O intercambio de escolares coruñeses realizarase con outro grupo de escolares do municipio portugués de Felgueiras, como grupo seleccionado entre os seis centros educativos que presentaron o seu proxecto á convocatoria (Manuel Murguía, Alborada, Ramón da Sagra, Wenceslao Fernández Flórez e José Cornide).
Para a súa elección, a comisión de valoración tivo en conta aspectos como o grao de innovación, orixinalidade e motivación do proxecto presentado, os recursos dispostos, a viabilidade técnica das propostas de actividades e as experiencias didácticas que promoven a sensibilización sobre a importancia de vivir en municipios integrados no Eixo Atlántico.
O intercambio terá lugar do 22 ao 24 de abril, desprazándose o alumnado de Felgueiras á Coruña; e do 8 ao 10 de maio para a aula 5º B do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que viaxará ao municipio de Felgueiras.