Skip to main content

Novo curso sobre Turismo Policéntrico – Microcredencial da UVigo

Novo curso sobre Turismo Policéntrico – Microcredencial da UVigo

Xa está aberta a matrícula para o curso “Turismo Policéntrico”, unha formación especializada impulsada ao abeiro do proxecto POST, que busca analizar e promover modelos de desenvolvemento turístico máis equilibrados e sostibles no territorio.

Recoñecido como microcredencial universitaria da Universidade de Vigo, este curso está dirixido a profesionais, estudantes e persoas interesadas en comprender novas formas de planificación turística baseadas en redes de destinos e na distribución do impacto turístico máis alá dos centros tradicionais.

📚 Sobre o curso
Derivada da estratexia de turismo policéntrico e da súa interrelación co turismo de autor, esta formación busca preparar novos profesionais capaces de crear experiencias en destino diferentes, fundamentadas na súa singularidade. O obxectivo é xerar no turista vivencias únicas e personalizadas, adaptadas aos seus intereses e caracterizadas pola autenticidade, a exclusividade e a sostibilidade, sempre en sintonía coas poboacións locais dos territorios onde se desenvolven.

Ademais, esta iniciativa pretende impulsar o emprendemento no rural e forma parte dunha actividade de investigación na que a Universidade de Vigo participa como experta contratada pola Deputación de Ourense.

📅 Datas
23/03/2026 – 24/04/2026

💻 Modalidade
Presencial / Virtual

🎓 Créditos
3 ECTS

📝 Estado
Preinscrición aberta

📆 Prazos

  • Inscrición: 26/02/2026 – 16/03/2026
  • Matrícula: 13/03/2026 – 17/04/2026

📞 Contacto
Tel.: 986 130 304
Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

🔗 Consulta toda a información e formaliza a matrícula:
https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1284-1/