"No es tomar vino, es tener una experiencia turística". Esta é unha das principais ideas trasladadas por Montse Cruz, coautora do informe Propostas de acción para o enoturismo na Galiza e na Rexión Norte de Portugal, impulsado polo Eixo Atlántico, durante a súa
entrevista en Onda Cero Lugo.
O informe pon o foco nun reto clave para os territorios vitivinícolas: conseguir que o visitante permaneza máis tempo e viva unha experiencia máis completa. Para iso, propón avanzar cara a unha oferta que integre o viño e o enoturismo coa gastronomía, a cultura, o patrimonio, a natureza e o territorio.
Entre as propostas destacan a creación de experiencias e paquetes turísticos de varios días, así como a mellora das infraestruturas de aloxamento, a accesibilidade e a planificación da oferta, especialmente no medio rural.
O obxectivo é pasar dunha visita puntual a unha experiencia turística integral, capaz de favorecer estadías máis longas, xerar actividade económica e reforzar a conexión entre os visitantes e o territorio.
🎙️ Escoita a entrevista completa de Montse Cruz en Onda Cero Lugo.
📄 Consulta o informe "Propostas de acción para o enoturismo na Galiza e na Rexión Norte de Portugal":