Skip to main content

Francesc Cárdenas analiza na Radio Líder a calor extrema nos municipios do Eixo Atlántico

Francesc Cárdenas analiza na Radio Líder a calor extrema nos municipios do Eixo Atlántico

O director da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, Francesc Cárdenas, participou recentemente en Radio Líder para falar sobre o informe “Planificación do espazo público urbano para a mellora da saúde humana e ambiental”

O estudo alerta do exceso de mortalidade de ata un 60 % en cidades de Galicia e do Norte de Portugal durante episodios de calor extrema, destacando localidades como Porto, Viana do Castelo, Ourense, Braga, Guimarães e Lugo. Ademais, propón integrar a saúde e a sustentabilidade no urbanismo mediante refuxios climáticos, plans de actuación ante vagas de calor e estándares máis estritos de calidade do aire e control do ruído.

O informe recolle tamén 19 exemplos de boas prácticas municipais, desde proxectos de mobilidade escolar en Pontevedra ata corredores verdes en Vigo, mostrando como o urbanismo pode combinarse coa natureza e o benestar cidadán.

Francesc Cárdenas subliñou na súa intervención a importancia dun cambio cultural na planificación das cidades, facéndoas máis saudables e resilientes ante o cambio climático.

📄 Descargue aquí o informe completo

Escoite aquí a entrevista completa: