Skip to main content

El Foro Termal del Eixo Atlántico comienza sua actividades

El Foro Termal del Eixo Atlántico comienza sua actividades

Elaborarase unha guía do termalismo da Eurorrexión, que estará lista a finais de ano

Co obxectivo de impulsar a promoción termal do territorio do Eixo Atlántico, dado o potencial turístico que este recurso natural posúe, a entidade transfronteiriza impulsa o Foro Termal do Eixo Atlántico.

Esta mañá tivo lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis a terceira  reunión de traballo para a constitución do Foro Termal do Eixo Atlántico, que levará a cabo accións para a promoción de hábitos biosaudables, a investigación en colaboración coas universidades, a promoción conxunta dos destinos termais, captación de recursos de financiamento con programas e planos europeos ou a formación e visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais.

En concreto,  durante a reunión decidiuse elaborar unha guía do termalismo da Eurorrexión, que estará lista a finais de ano. Esta acción levarase a cabo a través dunha comisión presidida polo concello de Ourense.

Porase en marcha tamén un Club da Auga, co obxectivo de favorecer a compra de augas de excelencia da Eurorrexión, así como ofertas termais e promocións das cidades. A Eurocidade Chaves-Verín será a encargada de presidir a comisión que xestionará esta actividade.

Vaise elaborar tamén un inventario das necesidades do termalismo, que serán trasladadas aos gobernos rexionais, nacionais e a Unión Europea. O concello de Caldas de Reis presidirá esta terceira comisión.

Durante a reunión acordouse tamén organización dun Seminario de Intercambio de Experiencias,  que aborde o estado do termalismo na Eurorrexión e as medidas para impulsalo, así como estudar as posibilidades de financiamento comunitarias para algunhas destas actividades.

As cidades participantes acordaron que o presidente do Foro Termal sexa Nuno Vaz, alcalde do concello portugués de Chaves.

Nesta terceira reunión participaron representantes das cidades de Lugo, Carballiño,  Caldas de Reis, Ourense, O Grove, Santo Tirso, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vila Pouca de Aguiar, Eurocidade Chaves-Verín, Vizela e Terras de Bouro.

Por último, tamén se acordou que o foro estea integrados unicamente por concellos termales, se ben o sector privado participará por invitación dos alcaldes

Estratexia conxunta

Esta rede termal ten como misión desenvolver unha estratexia conxunta de divulgación, promoción e posta en valor do termalismo e a cultura e patrimonio termal da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao que se sumará a promoción do intercambio de boas prácticas e a participación conxunta en proxectos e iniciativas de todo tipo.

GALERÍA DE IMAXES