Xoán Vázquez Mao critica, en RNE, o “politiqueo” coas infraestruturas en Galicia
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, manifestou en RNE que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, debería “deixar de enredar e traballar”. Mao reclamou un plan real para o tren de cercanías e a reparación da estrada entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña, advertindo de que “se a guerra partidaria entra na guerra do tren, nunca haberá tren”.
Segundo Mao, falar do 2035 responde a “datas políticas” e subliñou que non hai que facer politiqueo coas infraestruturas, reiterando a importancia de proxectos prácticos e inmediatos para Galicia e o norte de Portugal.