A inscrición deberana realizar os centros educativos a través da ficha de inscrición. Os intercambios terán lugar durante 2 e 3 días en abril ou maio de 2025
Data límite para presentala memoria coa proposta do proxecto de actividades a realizar na Coruña: ata o 14 de marzo de 2025. As memorias presentaranse a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., coa mención no asunto "IV Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Sobre o IV Intercambio escolar do Eixo Atlántico
Tanto alumnos como docentes serán simultaneamente visitantes e anfitrións, organizando e usufructuando de programas didácticos e lúdicos durante a estancia no municipio do país veciño co cal farán o intercambio.
Este programa destínase a alumnos do 2º ciclo do ensino básico das escolas da rede pública localizadas nos municipios do Eixo Atlántico e os seus principais obxectivos son promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio; concienciar os novos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e de formar parte dunha Eurorrexión; así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educativo.
Máis información na páxina do programa IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25