Skip to main content

Resultados e fotos do VI Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a patíns

Resultados e fotos do VI Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a patíns

AD Valongo, campión do torneo celebrado do 1 ao 3 de decembro na Coruña. Categoría Sub 17.

 O VI Torneo Eixo Atlántico de hóckey a patíns tivo lugar a pasada fin de semana na cidade da Coruña coa participación e doce equipos da categoría Sub17, seis galegos e outros seis portugueses.

Como acto previo o venres pola tarde foi impartida unha conferencia polo técnico italiano Gianni Massari, quen falou sobre os fundamentos técnicos desta modalidade.

Na final celebrada o domingo os representantes de Valongo foron superioriores e venceron por 4-1 ao Bragança, mentres que a terceira praza foi para Compañía de María, que tras rematar o partido con empate a dous tantos, foi mellor na serie de penaltis contra Compostela (1-0).

Cadro de resultados finais

 

 

 Galería de fotos