Skip to main content

A XI Bienal de Pintura do Eixo chega á súa fin tras pasar por 18 cidades

A XI Bienal de Pintura do Eixo chega á súa fin tras pasar por 18 cidades

O Eixo Atlántico está xa a ultimar os detalles para a posta en marcha do que será a XII edición desta recoñecida exposición itinerante

A XI edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico vén de chegar a súa fin  logo da súa andadura por 18 cidades da Eurorrexión. A mostra foi inaugurada en Viana do Castelo a finais de 2015 e pechou a súas portas este mes na cidade de Barcelos.
En concreto tras a súa inauguración no Museu das Artes Decorativas de Viana, a mostra estivo en Riveira, Ourense, Monforte de Lemos, Verín, Chaves, Vila Real, Braga, Maia, Matosinhos, Peso da Régua, Mirandela, Bragança, Vila Nova de Gaia, Porto na Fundação da Juventude, Vilagarcía de Arousa, Vila Nova de Famalicão e Barcelos.
Nesta edición a exposición reuniu 29 traballos inéditos de artistas naturais ou residentes no Norte de Portugal e Galicia, seleccionados entre máis de 100 traballos admitidos a concurso e que estão recolhidos no catálogo.
Organizada polo Eixo Atlántico com a colaboración da Fundação da Juventude de Portugal, a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, esta iniciativa pretende ser un espazo de promoción e intercambio de novos artistas da Eurorrexión.
A Bienal de Pintura, que naceu en 1997 para dar a coñecer os novos talentos e tamén como forma de permitir visualizar o estado da creación pictórica tanto en Galicia como no Norte de Portugal, consolidouse como unha das mostras de carácter itinerante máis importantes do norte de peninsular.
O Eixo Atlántico está xa a ultimar os detalles para a posta en marcha do que será a XII edición da súa Bienal de Pintura, co obxectivo de abrir a convocatoria para  participación dos artistas nas vindeiras semanas.

 

Premiados da XI Bienal
Primeiro Premio á mellor obra da XI Bienal á obra “S/T” de Olmo Blanco Fuente
Segundo Premio de autor portugués á obra “The first date” de Rui Sousa
Segundo Premio de autor galego á obra “No tengo nada” de Raquel Martínez Ortíz
Premio Novos Talentos Luso-galaicos á obra “Lady by the sea” de Diogo Castro Nogueira da Costa
Mención de honra á obra “Série III, Construção II” de Maria de Fátima Teles da Silva
Mención de honra á obra “Somos erros na Resaca V” de Anaí Lago