Skip to main content

OPORTUNIDADES DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO PARA O BARCO DE VALDEORRAS

Este informe realízase á encomenda do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, como produción científica non habitual e no marco do proxecto MC2, cofinanciado polo INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP). Este asunto, non é menor, pois o feito de que unha entidade supramunicipal se preocupe pola análise do potencial turístico dun ou varios municipios que a compoñen permite xa, logo de inicio, varias reflexións:

Existe unha consciencia de que a planificación turística non é un instrumento válido para calquera territorio e de calquera dimensión e, polo tanto, debe valorarse cando é ou non recomendable o seu uso, ou se xustifica simplemente a posta en marcha de estratexias puntuais de atracción de visitantes, pero non resultado dunha planificación plurianual cos recursos económicos e humáns que esta última precisa para o seu desenvolvemento.

Tanto Eixo Atlántico como asociación supramunicipal coma O Barco de Valdeorras como concello preocupado por dinamizar a actividade turística (atendendo ao efeito multiplicador que esta pode ter na riqueza e no emprego no seu territorio), consideran de interese contar cunha visión imparcial e científica.

IDIOMA: galego

COLECCIÓN: Cadernos de Cooperación do Eixo Atlántico
EDITA: Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular
DIRECTOR: Xoán Vázquez Mao
AUTORES: Mª Carmen Pardo López (coord.) Mº Belén Gómez Quevedo Diana Pereira
MAQUETACIÓN: María Llauger
IMPRESIÓN: Tórculo Comunicaciones Gráficas
DEPÓSITO LEGAL: VG 256-2020
ISBN: Versión impresa: 978-989-54689-7-3 Versión dixital: 978-989-54689-8-0

Esta publicación foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. As opinións son responsabilidade exclusiva do autor que as emite.