Idiomas: Galego e Inglés
O planeamento estratéxico representa unha aposta pola toma de decisións coordinada e rigorosa en aras á cohesión do territorio. Sen embargo, á dificultade propia de calquera planeamento estratéxico, únese neste caso a inherente á tipoloxía do Eixo Atlántico, o que dificulta a súa aplicación ó tratarse de cidades, que aínda con problemas comúns, pertencen a dous países e, polo tanto, a dúas realidades administrativas distintas.