Skip to main content

O Eixo Atlántico: un territorio Educador, unha comunidade educativa (2009)

idioma. Galego

A realidade territorial e humana do Eixo Atlántico non é allea ás dinámicas de urbanización que vive o planeta. As cifras demográficas presentadas por Nacións Unidas nos seus informes dos últimos anos indican que, na actualidade, a poboación urbana mundial sobrepasa -por primeira vez na historia da humanidade- á rural, e a tendencia é a proseguir nesta liña, prevéndose incluso un incremento das “megacidades” na próxima década.