Skip to main content

Informe sobre o Turismo na Provincia de Lugo

Autora: Mª Carmen Pardo López

Idioma: Galego

Esta proposta que ten entre súas mans constitúe un informe sobre as potencialidades do turismo na provincia de Lugo; inmensas potencialidades poderíamos dicir, que se concretan nalgunhas ideas que avanzamos nesta introdución. Lugo debe converterse nun destino turístico que integre ofertas diversas e complementarias, xerando un multi-destino cunha oferta singular, que non só funcione como motor económico, senón tamén como mecanismo de preservación dos valores naturais e culturais.