Skip to main content

Pacto de Ámterdam para unha Axenda Urbana Europea

Idioma. Galego/Português

A concreción da Axenda Urbana é unha das máximas prioridades da Presidencia holandesa do Consello da UE (xaneiro – xuño 2016) e agardase que se faga realidade o vindeiro 30 de maio, coa sinatura por parte de todos os Estados membros, do Pacto de Ámterdam para unha Axenda Urbana Europea.

Pero, ¿qué é o Pacto de Amsterdam?, ¿Cales son os seus antecedentes?, ¿e os seus obxectivos? Esta publicación quere dar resposta a estas e outras preguntas, co ánimo de informar sobre a perspectiva europea para a abordaxe futura da política urbana na Unión.