Los datos recogidos solo serán exclusivamente utilizados para enviarle las actualizaciones de la publicación, sin ninguna otra finalidad.

Os dados recolhidos serão utilizados exclusivamente para lhe enviar atualizações da publicação, sem qualquer outra finalidade.

Os datos recollidos só serán utilizados exclusivamente para enviarlle actualizacións da publicación, sen ningunha outra finalidade.

Skip to main content

Información institucional

Presentación

Tratado de Roma

Tratado de Roma

No preámbulo do Tratado de Roma se subliña que os estados membros da UE están resoltos a sentar as bases dunha unión cada vez máis estreita entre os pobos europeos, propoñendo para iso varias iniciativas. Deste xeito, a UE interésase desde fai anos polos vínculos creados entre as cidades europeas.

O Consello Europeo, reunido en Fontainebleau en xaneiro de 1984, encargou a un comité ad hoc que determinase as accións que permitirían á Comunidade responder ás expectativas dos pobos e que propuxese a adopción de medidas apropiadas para fortalecer e promover a identidade e imaxe da Unión de face aos seus cidadáns e o mundo. O informe Adonnino, sinalaba que a solidariedade entre cidades dos Estados membros, o coñecemento e cooperación mutuos son elementos indispensables para a construción europea.

A UE esfórzase por incorporar en maior grado aos cidadáns e aos seus representantes locais no proxecto europeo, dándolle así unha verdadeira dimensión humana. As accións organizadas polas cidades e os seus cidadáns reproducen a escala reducida o proceso de unificación emprendido polos Estados membros. Cada unión de cidades constitúe en si mesma unha minieuropa. Europa constrúese desde as cidades.

Conferencia de Cidades

En 1986, unha Conferencia de Cidades Europeas denominouse "as cidades, motores do desenvolvemento económico". Nesta reunión naceu o movemento das eurociudades que se constituíu formalmente tres anos máis tarde e que reúne na actualidade a cincuenta e cinco importantes cidades de Europa.

Mercado Único

A entrada en vigor do Mercado Único en 1993 creou unha nova dinámica nas relacións europeas e deu lugar a multitude de oportunidades. Cada vez máis persoas chegan á conclusión de que o futuro xa non pode encararse desde un país en particular e que o único camiño posible a seguir é o da cooperación cos nosos veciños.

Unha primeira fase da cooperación entre cidades constitúena os irmanamentos, figura de traballo en común que nace en Europa, onde se desenvolveu nos últimos cincuenta anos baixo a iniciativa de dúas grandes organizacións: O Consello de Rexións e Municipios de Europa (CMRE) e a Federación Mundial de Cidades Irmandadas

Comité das Rexións

A Comunidade Europea, coa creación en Maastricht en 1993 do Comité das Rexións, recoñeceu finalmente no seu entramado constitucional aos gobernos locais, algo que non estaba previsto no tratado fundacional. Os novos protagonistas económicos levan en moitas ocasións nome de cidades e as cidades de Europa foron definidas como as multinacionais europeas e a forza de choque de Europa (Delors).

Redes de Cidades

A partir de 1985, as redes de cidades experimentaron un enorme auxe, consolidándose na presente década como unha estratexia case obrigada da maioría das cidades grandes e medianas.
Os grandes obxectivos das redes de cidades viran en torno á necesidade de estructurar un sistema lobby fronte a terceiros, a consolidación de espazos territoriais, económicos, políticos e demográficos mínimos que permitan a xeración e utilización de economías de escala e de aglomeración, así como o desenvolvemento de infraestructuras e actividades punteiras. Búscase tamén a inserción nun sistema internacional que permita o acceso e utilización dun volume crecente de información e o intercambio de experiencias e tecnoloxías, ademais da obtención de funcións de liderado e a inserción, a través das redes, en espazos de actuación superiores.


Historia

Por Luis Dominguez 

A Declaración de Porto (1 de abril de 1992), documento fundacional do Eixo Atlántico comeza con esta frase: «A aplicación e entrada en vigor da ACTA UNICA EUROPEA a partires do 1 de xaneiro de 1993, así como o desenvolvemento das medidas adoptadas na Conferencia de MAASTRICHT requiren a urxencia de adoptar medidas políticas que permitan asegurar o papel das cidades na construción da EUROPA UNIDA.». En efecto, o proceso de integración europea coñeceu un notable pulo entre a entrada en vigor da Acta Única, en 1987, e a do Tratado de Maastricht, en 1993.

O territorio que abrangue ao Norte de Portugal e Galicia non foi alleo a esas transformacións. Por unha parte, estableceuse a data do 1 de xaneiro de 1993 para a entrada en vigor do mercado único que se traduciu na oportunidade inmensa que abriu a eliminación das barreiras físicas das fronteiras pero tamén na ameaza da consolidación da chamada “banana azul”, o espazo comprendido entre Londres, París, Milán e Frankfurt. Por outra, o principio de subsidariedade, coa súa aposta polas competencias para a administración máis próxima ao cidadán con capacidade para exercelas, facía posible un novo papel para os actores gobernamentais rexionais e locais.

tratado maastricht

A maiores, o Tratado de Maastricht creaba un novo órgano consultivo, o Comité das Rexións, para que servira de foro para recoller as inquedanzas e demandas destas. Ao longo dos anos oitenta a Europa das rexións soaba como futuro rumbo da integración europea. Non obstante, co comezo da última década do século pasado cobraba forza na literatura especializada a idea da Europa hanseática, é dicir, a Europa das cidades-rexión. Tampouco se debe esquecer que a Comisión Europea, sempre necesitada de aliados fronte á hexemonía dos Estados-Nación, estaba a mimar aos poderes locais e rexionais, moito máis a estes que a aqueles, como interlocutores directos trala reforma dos fondos estruturais acometida en 1988. A política de cohesión económica e social estaba chamada a equilibrar os excesos neoliberais do mercado único.

Galicia e Norte de Portugal estaban na vangarda do proceso de integración europea que se estaba a vivir. En efecto, en octubro de 1991 nacía a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a primeira da fronteira hispano-lusa e en abril de 1992, o Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, unha asociación de municipios urbanos, unha singular rede de actores transfronteirizos chamada a ter un papel notable no futuro.

socratesSen dúbida, a idea orixinal é debedora do que era na altura alcalde de Porto, Fernando Gomes, co apoio de Carlos González Principe, alcalde de Vigo daquela. Tratábase de construír o mercado único entre nós e para iso, dicíase na Declaración «é condición indespensable a superación das barreiras físicas mediante infraestruturas públicas que permitan vertebrar un MERCADO ÚNICO TRANSFRONTEIRIZO.». Para poder facer realidade as infraestruturas necesarias apuntábase ás axudas comunitarias previstas no paquete Delors II e a reivindicación era clara «Nós, en nome das cidades que subscribimos este Documento, cremos fundamental que ditos fondos se canalicen nas nosas rexións prioritariamente en torno aos medios urbanos.»

Os medios de comunicación daquela presentaban ao Eixo como contrapartida socialdemócrata da conservadora Comunidade de Traballo, polo color dos respectivos gobernos das cidades e o rexional de Santiago e nacional de Portugal. Era unha lectura inexacta. En primeiro termo, porque sendo certo que a maioría e as máis importantes cidades estaban presididas por edís socialistas non o era menos que un terzo das cidades integrantes tiña a súa fronte a alcaldes conservadores. En segundo termo, porque o carácter de lobby co que nacía a organización precisaba ter boas relacións con todos os actores. A propia Declaración o confirma «Nacemos con vontade de diálogo e acordo con todas as outras Institucións, Xunta de Galicia, Goberno de Portugal, Goberno de España que están obxectivamente interesadas no Proxecto de Unidade e Cohesión Europea.». Doce cidades, Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana e Vila Real −Lugo chegaría aínda a tempo de ser cidade fundadora na aprobación dos Estatutos− subscribían esta Declaración fundacional que remataba dicindo «Comezamos desde hoxe mesmo a traballar para que Galicia e o Norte de Portugal sexan partícipes das novas centralidades europeas, para que as nosas cidades sexan centros da periferia e deixemos de ser a periferia do centro»

A ETAPA FUNDACIONAL (1992-1999) Desde aquel 1 de abril de 1992 o Eixo ten percorrido un longo camiño que podemos estruturar en tres etapas. Unha primeira etapa fundacional que iría desde 1992 ata 1999, coas presidencias das dúas cidades que iniciaron a constitución do Eixo: Porto e Vigo. Desde o punto de vista organizativo, a asociación de dereito privado portugués que conforma o Eixo Atlântico xa comeza a dar mostra da súa singularidade. manuelperez glEn efecto, os estatutos de 1992 contemplan unha Asemblea e unha Comisión Executiva na que es tán presentes todas as cidades, na primeira con tres membros e no segundo con un, hai pois un certo solapamento entre ambos órganos; a Comisión Executiva ten a iniciativa na planificación e nos orzamentos e a Asemblea aproba esas iniciativas. O novidoso está na Presidencia e na Vicepresidencia. O presidente é cooptado na Executiva cun mandato de dous anos, prorrogable por outros dous e indefinidamente por períodos anuais. Isto rompe co tradicional principio da rotación nacional de cargos das estruturas de cooperación en Europa.

En 1995 incorpóranse as cidades galegas de Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos e, en 1997, fano as tres portuguesas de Vilanova de Gaia, Guimarães e Peso de Régua. Estas dezaoito cidades van facer unha modificación dos estatutos, en 1997, que aclara as competencias e composición da Asemblea e da Comisión Executiva. A Asemblea pasa a ser o órgano superior da asociación integrada só polos alcaldes. A Comisión Executiva amplía os seus poderes cos de representación e sinatura de acordos e contratos e reduce o seu número a seis alcaldes, dous natos, Porto e Vigo, por ser as cidades iniciadoras e ter sendas sedes da asociación, e catro cooptados pola Asemblea.

Esta etapa fundacional dota á asociación de dúas sedes permanentes, en Porto e Vigo, e do primeiro persoal fixo −mesmo haberá unha antena en Bruxelas mediante un convenio coa Fundación Galicia-Europa−, nas oficinas que se abren en 1995. Desde octubro do 1995  cóntase cun Director Técnico, que dota de estabilidade e continuidade á xestión e a planificación do Eixo Atlântico.  Tamén se crean, en 1995, as primeiras Comisións Delegadas . Así mesmo, estes primeiros anos serviron para presentar á nova asociación aos gobernos de Madrid e de Lisboa e ao Comisario de Política Rexional en Bruxelas.

primercongreso

No eido das principais realizacións desta etapa cómpre destacar, en primeiro lugar,  a elaboración do I Estudio Estratéxico do Eixo Atlântico, baixo a coordinación dos profesores António Figueiredo e Anxel Viñas. A encomenda pedía caracterizar o papel das trece cidades membros na altura, identificar perfís de complementariedade e/ou concorrencia das mesmas, identificar carencias e propor intervencións, tipificar as novas dinámicas de prácticas urbanas emerxentes no relativo a experiencias innovadoras e de cualificación da vida urbana, e, por último, propor ámbitos temáticos e accións posibles para a promoción de redes de cooperación entre as cidades. Corría o ano 1993. O Eixo daba os primeiros pasos como think tank eurorrexional. En 1996, celebrouse o primeiro Congreso do Eixo, un acto con importantes presenzas políticas (entre elas o Ministro español de Administracións Públicas, Mariano Rajoy), ideado como foro amplificador das conclusións do primeiro estudos estratéxico. Estas apuntaban á necesidade de xerar un espazo político urbano e unhas infraestruturas que permitisen relacionarse aos cidadáns dentro dun modelo urbano rexido por actividades terciarias e por unha oferta de ensino superior crecente.

En segundo lugar, o Eixo apostou por unha serie de actuacións que o fixeran visible para a sociedade da Eurorrexión. Nesta liña cómpre situar unha serie de accións chamadas a ter unha certa continuidade: os Xogos do Eixo Atlântico, a Regata do Eixo Atlântico, a Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, o Premio de Narrativa do Eixo Atlântico e as primeiras publicacións con sendas obras sobre a Historia e a Xeografía do territorio eurorrexional.

xogos

Por último, conforme ao espírito da Declaración de Porto, o Eixo comezou a presentar candidaturas competitivas a programas comunitarios de apoio á cooperación transfronteiriza alcanzando éxito en dous deles: o Observatorio Urbano do Eixo Atlântico, dentro do RISI II,  que pretendía ser unha experiencia piloto no campo da sociedade da información, a través do desenvolvemento dunha comunidade virtual urbana, con aplicacións no campo da economía, o turismo e a cultura, na que participaron, como socios, 30 entidades cívicas, económicas e institucionais das dúas rexións;  Millenium, dentro do RECITE II, como laboratorio de probas a escala, entre catro rexións europeas (Brandenburgo, Alessandria, Galicia e Norte de Portugal) para desenvolver modelos e instrumentos de internacionalización de empresas.

A ETAPA DA CONSOLIDACIÓN (2000-2006) Un momento clave na historia do Eixo vai ser a modificación dos estatutos de 2002. En efecto, nese documento contémplase un novo órgano: a Secretaría Xeral, dotada de competencias xestoras, de representación e sinatura de contratos e acordos con terceiros, así como todas as que a Presidencia e a Comisión Executiva deleguen nela; como reforzo da Secretaría establécense sendas Coordinadoras en Porto e Vigo.

Desde o punto de vista operativo unha das grandes apostas desta etapa foi a integración eurorrexional. En efecto, en 2000, asinouse o acordo de integración do Eixo na estrutura da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal en calidade de Comisión especial. Neste dinámica, será iniciativa do Eixo a constitución formal da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER), en decembro de 2002, o primeiro instrumento con personalidade xurídica que integra ás seis universidades públicas do territorio e concibida como viveiro ao que as administracións poderían acudir para documentar os futuros proxectos europeos a solicitar, así como para realizar os estudos comprometidos nos mesmos para así garantir a súa sustentabilidade e permitir outra serie de actuacións comúns deseñadas polas propias universidades. En 2004, en colaboración coa Comunidade de Traballo, o Eixo programou unha exposición: Dúas rexións, unha eurorrexión, que percorreu as dezaoito cidades membro e rematou rendendo visita no Comité das Rexións, en novembro de 2005. Foi unha iniciativa que axudou a visibilizar a idea eurorrexional e as súas principais estruturas de cooperación.

A segunda das apostas feitas polo Eixo nesta etapa foi a da sociedade do coñecemento. Así, foi aprobado e publicado o Mapa de Infraestruturas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en 2000, que contemplaba como principais novidades o establecemento dun corredor interior Peso de Régua-Lugo, de autopista ou vías rápidas que axudara a minimizar a deslocalización demográfica e económica en favor do corredor atlántico Vila Nova de Gaia-Ferrol, e, en segundo lugar, a reivindicación dun corredor ferroviario de Alta Velocidade Porto-A Coruña, dentro das prioridades das grandes redes transeuropeas. Este documento abriu o camiño dos estudos feitos por equipos interdisciplinares e eurorrexionais, un camiño que recibiría un pulo definitivo coa decisión de abordar os Segundos Estudos Estratéxicos que foron presentados no Segundo Congreso do Eixo, celebrado en Ourense en 2005. estudios glCoas achegas de 58 investigadores tiráronse conclusións que incidían na necesidade de apostar polo policentrismo como modelo de ordenación do territorio, na participación cidadá como modelo de gobernanza e lexitimidade democrática, na empregabilidade como horizonte da formación, na mobilidade como fin último das infraestruturas, nas industrias culturais como elemento de dinamización e desenvolvemento económico, na importancia do impulso dos poderes públicos ao desenvolvemento e a súa complementariedade co impulso que debe chegar dos axentes económicos e sociais, na importancia das TIC. Un equipo de profesores universitarios que ao mesmo tempo, moitos deles, tiveron importantes responsabilidades de xestión nos gobernos de Lisboa, Santiago e Madrid encargouse de condensar todo ese know how nunha folla de ruta: A axenda estratéxica do Eixo para 2007-2013. Como froito maduro desta aposta pola sociedade de coñecemento naceu, a finais de 2006, o Servizo de Estudos do Eixo Atlântico. Atlántico.

Por último, a consolidación do Eixo tamén se traduciu na presentación de candidaturas gañadoras a programas europeos, nos programas:  

          
  • Accions Innovadoras no Art-. 10 FEDER
  • RECITE - Loita contra a exclusion
  • Urban - Interreg A (España – Portugal)
  • POCTEP ( España-Portugal)
  • Interreg B Espacio Atlantico.
  • Interreg C (Interegional Europeo)

 

A ETAPA DA PROXECCIÓN INTERNACIONAL (2007-2010) 

axvigoComo preludio desta proxección e como mellor vía para servir á causa da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a calidade de vida dos seus cidadáns e a propia independencia do Eixo, procedeuse a unha ampliación substancial das cidades membro, de 18 a 28, en 2007, coa incorporación das portuguesas Barcelos, Mirandela, Famalição, Vila do Conde e Matosinhos e as galegas de Viveiro, O Barco de Valdeorras, Lalín, Verín e Carballo. Ao ano seguinte, en 2008, pasaron de 28 a 34, coa entrada por unha parte de Lamego, Penafiel e Macedo dos Cabaleiros e pola outra de Ribeira, Sarria e O Carballiño.

opendaysA Axenda Estratéxica do Eixo Atlântico establecía sete ideas chave. Unha delas era a necesidade de fomentar a gobernanza e o parceirado o que demandaba unha dimensión peninsular e europea que o Eixo non tiña daquela. Certamente a Secretaría Xeral fixo un labor moi meritorio por alcanzar esa proxección e esa visibilidade exterior. Fitos desa singladura son: a organización dun workshop en cada unha das edicións dos Open Days de 2007, 2008 e 2009; membro fundador de EUROMOT, en Lille, en novembro de 2007, rede de cidades europeas que englobaba ao Eixo, a MOT francesa e as City Twins bálticas; o Servizo de Estudos do Eixo foi o gañador do Cross border award Seal of Papenburg 2008; o Eixo animou a creación e xestiona o secretariado da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET); finalmente, en 2010, animou e ostenta a presidencia, a través do alcalde de Santiago de Compostela, da Conference of European Cross-border and Interregional Cities Networks (CECICN).

 
rietfundacion

universidades.jpgO fomento dun modelo territorial equilibrado era outra das ideas chave, algo que sempre estivo presente en todos os estudos do Eixo desta etapa pero que, ademais, tomou corpo de forma decidida en dúas das apostas máis importantes: A Eurocidade Chaves-Verín, en 2007, e a Axencia de Ecoloxía Urbana con sede en Vila Real, en 2009. Precisamente, a Axencia de Ecoloxía Urbana, a primeira de carácter transfronteirizo en Europa, incide noutra das ideas chave da Axenda, a necesidade de ter un sistema urbano sustentable, un horizonte no que cómpre encadrar a sucesiva elaboración de axendas estratéxicas da Galicia Central, da Galicia Interior e de Arousa-Barbanza, por parte do Servizo de Estudos do Eixo Atlântico, complementadas coas iniciativas na mesma liña do goberno portugués con Douro Alliance e o Quadrilátero.

Ter unhas cidades con maior centralidade era outra das sete ideas chave expostas na Axenda Estratéxica para acometer este reto, entre outras accións, o Servizo de Estudos elaborou unha Estratexia de Transportes da Eurorrexión que incide na necesidade de apostar por unha mobilidade comodal, respectuosa co medio ambiente, combinando os intereses de mobilidade das persoas cos do axentes loxísticos responsables da mobilidade das mercadorías, nomeadamente no último quilómetro, e, sobre todo, asentada nunha planificación e ordenación do territorio racional e previa. Cabaleiros e pola outra de Ribeira, Sarria e O Carballiño. A Axenda Estratéxica do Eixo Atlântico establecía sete ideas chave. Unha delas era a necesidade de fomentar a gobernanza e o parceirado o que demandaba unha dimensión peninsular e europea que o Eixo non tiña daquela. Certamente a Secretaría Xeral fixo un labor moi meritorio por alcanzar esa proxección e esa visibilidade exterior.


Estatutos

A constitución do Eixo Atlántico baseouse legalmente no Convenio-Marco sobre cooperación transfronteriza entre Comunidades ou autoridades territoriales publicado no D.Ou.C.E. do 16 de outubro de 1990 e que entrou en vigor o 25 de novembro dese mesmo ano. Neste Convenio-Marco determínanse as condicións para o establecemento de asociacións transfronterizas de dereito privado.

pdf Estatutos

Cookies: Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.