Eixo Atlántico Axenda Cultural


Galego Portugués Castelán

Presentación

Esta Axenda Cultural foi realizada coa pretensión de ofrecer ós cidadáns de toda a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información sobre a programación cultural estable que se desenvolve nas 34 cidades que conforman o sistema urbano do Eixo Atlántico.

Á vista do contido desta publicación, o lector vai apreciar a gran riqueza cultural das cidades da eurorrexión que no mesmo momento de ser divulgada conxuntamente, acrecenta o seu valor. O obxectivo da Axenda Cultural do Eixo Atlántico é promover o turismo cultural de proximidade, facendo público o notorio esforzo que as cidades de Galicia e o Norte de Portugal teñen feito e seguen a facer, apostando por acontecementos que trascenden máis alá do servicio ós seus propios veciños, promovendo unha importante mobilidade de amantes das diferentes manifestacións culturais para os que a súa cidade exténdese máis aló do término do concello, e convértese nunha parte, nun barrio, desta cidade virtual que é o Eixo Atlántico.

Nas páxinas desta axenda, o lector poderá facer un percorrido por una amplísima programación cultural que abrangue todos os xéneros e todas as artes. Pero non é a única oferta cultural que desenvolven as 34 cidades do Eixo. Cada día en cada cidade hai outras convocatorias, programadas ou auspiciadas desde os departamentos de cultura municipais para satisfacer a demanda interna dos seus veciños, e que malia que non está incluída na Axenda Cultural do Eixo Atlántico, dispón o usuario desta axenda de información completa e actualizada nas web dos respectivos concellos á que remitimos en cada unha das cidades.

Actualizado 27-10-2007

Municipios do Eixo Atlántico


Fundacións Colaboradoras


Luís Filipe Menezes

Presidente do Eixo Atlántico
Presidente do Eixo Atlántico