A CECICN, Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionales, representa a máis de 500 cidades de Europa Comunitaria localizadas nos espazos de fronteira na UE.
Esta rede de redes está integrada por representantes das seis maiores redes de cidades de Europa e nace no 2010 co obxectivo de constituírse como interlocutor recoñecido pola Comisión Europea en asuntos de cooperación.
Bibliotecas estratégicas
ATLANTIC SPATIAL DEVELOPMENT PERSPECTIVE (pdf 65 Mb)
ETE ESTRATEGIA TERRITORIAL EUROPEA (pdf 36 Mb)
Ponencias:
- Mar Pereira. Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
- Norberto Uzal. Director Xeral de Administración Local. Xunta de Galicia
- Fátima Araújo. Direcção de Serviços Jurídicos e à Administração Local. CCDR-n
- Federico Vega. Subdirector de Administración Electrónica. Ayuntamiento de Madrid
Experiencias:
| << | < | Sep-2010 | > | >> | ||
| Lun | Mar | Mie | Jue | Vie | Sab | Dom |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||

O premio, outorgado pola asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), distingue os avances en materia de cooperación transfronteiriza en áreas como a cultura, a economía, o medioambiente e os avances sociais. Este galardón se destina tanto a recoñecer os logros pasados, como a estimular novas iniciativas que contribúan a unha mellor comprensión das relacións entre os pobos de Europa.
O titular da Xunta lanzou a proposta nunha reunión con empresarios lusos na capital lusa
29-01-2010
Lisboa.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou hoxe por "repensar e expandir" a eurorrexión entre Galicia e Norte de Portugal até Lisboa, á vez que ofreceu "confianza" ao empresariado portugués para investir en Galicia, onde --garantiu-- "non existen tratos de favor".
Durante un encontro con empresarios organizado pola Cámara de Comercio luso-española nun hotel lisboeta, o máximo mandatario autonómico recalcou o seu desexo de que se intensifiquen" as relacións comerciais entre ambas as beiras do Miño e proclamou que, cando algún empresario portugués queira investir fóra, "Galicia é o lugar adecuado".
Así mesmo, sostivo que a proximidade xeográfica entre as principais cidades galegas e lusas, que sitúan a localidades como Santiago de Compostela ou A Coruña a igual distancia da capital portuguesa que española, argumentan a tese de que hai que "estreitar" lazos na eurorrexión.
No ámbito lingüístico, Feijóo puxo de manifesto que, despois do inglés, a segunda lingua estranxeira é, "probablemente", o portugués e destacou que o "patrimonio" común entre o galego e o idioma luso "hai que polo en valor".
Eixo Atlântico del Noroeste Peninsular.
Bolivia 4. 36203 Vigo, Pontevedra [España].
Tel. +34 986 480 616
Av. inferior á Ponte D. Luis I, 55. 4050-074 Porto [Portugal].
Tel. +351 222019937
galicia.prensa@eixoatlantico.com