A CECICN, Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionales, representa a máis de 500 cidades de Europa Comunitaria localizadas nos espazos de fronteira na UE.
Esta rede de redes está integrada por representantes das seis maiores redes de cidades de Europa e nace no 2010 co obxectivo de constituírse como interlocutor recoñecido pola Comisión Europea en asuntos de cooperación.
Bibliotecas estratégicas
ATLANTIC SPATIAL DEVELOPMENT PERSPECTIVE (pdf 65 Mb)
ETE ESTRATEGIA TERRITORIAL EUROPEA (pdf 36 Mb)
Ponencias:
- Mar Pereira. Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
- Norberto Uzal. Director Xeral de Administración Local. Xunta de Galicia
- Fátima Araújo. Direcção de Serviços Jurídicos e à Administração Local. CCDR-n
- Federico Vega. Subdirector de Administración Electrónica. Ayuntamiento de Madrid
Experiencias:
| << | < | Sep-2010 | > | >> | ||
| Lun | Mar | Mie | Jue | Vie | Sab | Dom |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||

O premio, outorgado pola asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), distingue os avances en materia de cooperación transfronteiriza en áreas como a cultura, a economía, o medioambiente e os avances sociais. Este galardón se destina tanto a recoñecer os logros pasados, como a estimular novas iniciativas que contribúan a unha mellor comprensión das relacións entre os pobos de Europa.
Comparecencia ante a Comisión de Cultura do Parlamento Europeo
27-01-2010
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, compareceu ante a Comisión de Cultura do Parlamento Europeo para presentar as principais liñas de actuación da Presidencia española da Unión Europea no ámbito cultural e que se centran, fundamentalmente, en tres eixos prioritarios: o aproveitamento do potencial cultural con vistas ao desenvolvemento local e rexional; a consolidación da cultura como factor de crecemento económico e de cohesión social; e o desenvolvemento e difusión dos contidos culturais de carácter dixital.
“Situar a cultura entre as prioridades da axenda europea contribuirá non só a acelerar a recuperación económica e á creación de emprego, senón que tamén fortalecerá á cidadanía e fará tamén máis forte o proxecto europeo”, manifestou a ministra de Cultura no transcurso da súa intervención. Igualmente destacou a importancia de velar pola diversidade cultural, o respecto e a defensa de todas as linguas europeas para que cada cidadán europeo poida dirixirse ás institucións da UE na súa lingua materna.
Aproveitar o potencial cultural con vistas ao desenvolvemento local e rexional
A iniciativa comunitaria Selo" do Patrimonio Europeo", promovida inicialmente por Francia e España, plasmarase nunha proposta lexislativa da Comisión de Cultura durante a Presidencia española da UE. Os principais obxectivos desta iniciativa son fomentar a identidade europea e a participación dos cidadáns na construción de Europa; promover o patrimonio cultural europeo e o desenvolvemento sustentable a través do turismo cultural.
Durante a súa intervención, González-Sinde desatacou a contribución das industrias culturais e creativas á xeración de emprego e ao crecemento económico, polo que anunciou a intención da Presidencia española de contribuír ao seu impulso, así como o aproveitamento das oportunidades que esta industria ofrece para consolidar a cultura como factor de crecemento económico e cohesión social.
Debate sobre "Europeana" e análise do impacto da dixitalización no cinema
A terceira prioridade da Presidencia española no ámbito cultural é o desenvolvemento e difusión dos contidos culturais de carácter dixital co fin de, non só adaptar a cultura europea ao cambio, senón de liderar este cambio. Durante a súa intervención a Ministra detallou como: incentivando a extensión da dixitalización do noso patrimonio cultural para a súa difusión, promovendo a creación cultural na rede e aplicando as tecnoloxías dixitais aos servizos culturais europeos.
Respecto ao futuro de "Europeana", a Presidencia española tratará de que o Consello adopte unhas conclusións destinadas a acordar que a biblioteca dixital europea evolucione cara a unha iniciativa comunitaria. O obxectivo é xerar maiores esforzos de dixitalización, conseguir unha maior estabilidade financeira, e dotar á biblioteca dixital dunhas estruturas de xestión máis capacitadas para facer accesible o patrimonio europeo dixitalizado.
Finalmente, a Presidencia española da UE abordará o debate sobre o desafío que supón a integración das tecnoloxías dixitais na difusión e exhibición do cinema en Europa. Os días 5 e 6 de marzo terá lugar en Barcelona o seminario sobre "O impacto da tecnoloxía dixital sobre a exhibición cinematográfica", cuxo obxectivo é reflexionar sobre como afectará esta transformación no futuro das salas de cinema.
Eixo Atlântico del Noroeste Peninsular.
Bolivia 4. 36203 Vigo, Pontevedra [España].
Tel. +34 986 480 616
Av. inferior á Ponte D. Luis I, 55. 4050-074 Porto [Portugal].
Tel. +351 222019937
galicia.prensa@eixoatlantico.com