Eixo Atlântico

do noroeste peninsular

 

Eixo Atlântico

do noroeste peninsular


Construindo Europa dende o Eixo Atlantico

 

Recursos culturales

cecicn

A CECICN, Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionales, representa a máis de 500 cidades de Europa Comunitaria localizadas nos espazos de fronteira na UE.
Esta rede de redes está integrada por representantes das seis maiores redes de cidades de Europa e nace no 2010 co obxectivo de constituírse como interlocutor recoñecido pola Comisión Europea en asuntos de cooperación.

Descargar | Tamaño completo e Imprimir

 

Bibliotecas estratégicas

 

ATLANTIC SPATIAL DEVELOPMENT PERSPECTIVE (pdf 65 Mb)

 

ETE ESTRATEGIA TERRITORIAL EUROPEA (pdf 36 Mb)

 


 

 

Axendas

<< < Sep-2010 > >>
Lun Mar Mie Jue Vie Sab Dom
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Axenda Cultural

enlaces

cross border award

Cross-Border Award

O premio, outorgado pola asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), distingue os avances en materia de cooperación transfronteiriza en áreas como a cultura, a economía, o medioambiente e os avances sociais. Este galardón se destina tanto a recoñecer os logros pasados, como a estimular novas iniciativas que contribúan a unha mellor comprensión das relacións entre os pobos de Europa.

TURGALICIA

Noticias

RSS RSS | máis noticias

O “Fantasporto” chega con máis de 400 películas

A 30ª edición do festival internacional de cinema de Porto, homenaxeará ao cinema francés

09-02-2010

A 30ª edición do “Fantasporto” celebrarase entre os días 22 de febreiro e 7 de marzo, no teatro municipal Rivoli e no Espazo Cidade do Cinema, onde serán exhibidos máis de 400 películas, anunciou a organización do festival.

"Eu creo que o principal titular é o propio Fantas, é a festa dos 30 anos de Fantasporto”, afirmou Mário Dorminsky, director do festival.

Segundo o responsable do  festival, das experiencias da conexión da arquitectura e o cinema, en 2010 foron creados dous programas, un de efectos especiais e outro relacionado coa robótica.

"No caso da robótica o programa é apoiado pola Universidade de Porto", afirmou Dorminsky, que engadiu que no caso dos "efectos especiais realizaranse varias “masterclass” con dous nomes importantes desta área a nivel mundial, un dos cales gañou tres Oscar coa película de Guillermo del Toro, “O Labirinto do Fauno".

O director do festival, que este ano cumpre 30 anos, destacou que o Fantas, como sempre, dá especial apoio ao cinema portugués, tendo este ano unha retrospectiva dedicada a Luís Galvão Teles, produtor e realizador que vai ser homenaxeado e recibir o premio á súa carreira?.

"Un das principais accións do festival, será a homenaxe ao cinema francés", para a que realizará unha gran retrospectiva do cinema francés que conta a historia do cinema mundial".

Para o director do "Fantas" aquilo que aínda "non está á altura" da 30ª edición do festival "é a parte dos invitados", subliñado que a organización "quere moito máis".

A sesión de apertura oficial do festival está marcada para o día 26 de Febreiro, no gran Auditorio do **Rivoli, coa estrea de "*Solomon *Kane", producido por Samuel Hadida e dirixido por Michael J. Basset, unha película inspirada nun libro de Robert E. Howard.

O peche será coa película "The Crazies", do realizador Breck Eisner. O programa conta tamén coas tradicionais seccións oficiais competitiva do festival - Cinema Fantástico, Cinema Fantástico en curtametraxes, Semana dos Realizadores e Orient Express.

O Fantasporto, que preside á Dirección da Federación Europea de Festivais de Cinema Fantástico, obtivo en 2008 o premio de maior evento cultural realizado en Portugal e foi clasificado pola revista norteamericana "Variety" como "un dos 25 máis importantes festivais de cinema, do mundo".

 

 

El Laberinto del Fauno

O Labirinto do Fauno, de Guillermo del Toro 

volver atrás

Eixo Atlântico del Noroeste Peninsular.
Bolivia 4. 36203 Vigo, Pontevedra [España].
Tel. +34 986 480 616
Av. inferior á Ponte D. Luis I, 55. 4050-074 Porto [Portugal].
Tel. +351 222019937
galicia.prensa@eixoatlantico.com

Accesibilidade
Política de Privacidade
Aviso Legal
Créditos