A CECICN, Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionales, representa a máis de 500 cidades de Europa Comunitaria localizadas nos espazos de fronteira na UE.
Esta rede de redes está integrada por representantes das seis maiores redes de cidades de Europa e nace no 2010 co obxectivo de constituírse como interlocutor recoñecido pola Comisión Europea en asuntos de cooperación.
Bibliotecas estratégicas
ATLANTIC SPATIAL DEVELOPMENT PERSPECTIVE (pdf 65 Mb)
ETE ESTRATEGIA TERRITORIAL EUROPEA (pdf 36 Mb)
Ponencias:
- Mar Pereira. Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
- Norberto Uzal. Director Xeral de Administración Local. Xunta de Galicia
- Fátima Araújo. Direcção de Serviços Jurídicos e à Administração Local. CCDR-n
- Federico Vega. Subdirector de Administración Electrónica. Ayuntamiento de Madrid
Experiencias:
| << | < | Sep-2010 | > | >> | ||
| Lun | Mar | Mie | Jue | Vie | Sab | Dom |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||

O premio, outorgado pola asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), distingue os avances en materia de cooperación transfronteiriza en áreas como a cultura, a economía, o medioambiente e os avances sociais. Este galardón se destina tanto a recoñecer os logros pasados, como a estimular novas iniciativas que contribúan a unha mellor comprensión das relacións entre os pobos de Europa.
Ernâni Lopes, coautor do documento, defende as pequenas obras promovidas polo Estado como solución, e pide o aprazamento do Tren de Alta Velocidade e do novo aeroporto de Lisboa.
21-01-2010
A economía portuguesa crecerá este ano por baixo da media da Zona Euro, e non será suficiente para "mellorar claramente a situación do desemprego", di o informe trimestral da empresa consultora SaeR, onte presentado. Ernâni Lopes, coautor do documento, defende as pequenas obras promovidas polo Estado como solución, e pide o aprazamento do Tren de Alta Velocidade e do novo aeroporto de Lisboa.
O informe trimestral de Decembro de 2009, elaborado polo propio Ernâni Lopes e José Poças Esteves, engade que, "dato o nivel de endebedamento, público e privado, da economía portuguesa e o risco de sufrir o contaxio dos efectos de situacións potencialmente de ruptura de economías en peor situación, en termos de percepción do sistema financeiro internacional, Portugal deberá adoptar unha estratexia de consolidación”.
Nun contexto de inicio de recuperación económica, e no que se refire ás contas públicas, Portugal debe evolucionar "na consolidación orzamentaria acordada con Bruxelas" porque, conclúe a consultora, "calquera desvío significativo neste sentido, si ese desvío non se xeneraliza ás demais economías, podería crear dificultades de financiamento das contas públicas e, por contaxio, aos actores do sector privado".
O economista Ernâni Lopes só ve un camiño para crear emprego a curto prazo, que pasa por unha política de investimento público en pequenas obras diversificadas. O director-xeral da SaeR, defendeu tamén que o tren de Alta Velocidade (TGV) non debe arrincar no actual cadro económico e que a construción do Novo Aeroporto de Lisboa só debe comezar cando a capacidade do actual aeroporto da Portela estea esgotada.
Eixo Atlântico del Noroeste Peninsular.
Bolivia 4. 36203 Vigo, Pontevedra [España].
Tel. +34 986 480 616
Av. inferior á Ponte D. Luis I, 55. 4050-074 Porto [Portugal].
Tel. +351 222019937
galicia.prensa@eixoatlantico.com