Eixo Atlântico

do noroeste peninsular

 

Eixo Atlântico

do noroeste peninsular

Mar Pereira Álvarez A Axenda Local Dixital: o impulso da sociedade da información nas entidades locais
Mar Pereira Álvarez
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia
07-09-2010

Guillermo Fernández Vara El papel del Comité de las Regiones y su influencia en la política regional europea
Guillermo Fernández Vara
Presidente de la Junta de Extremadura / Jefe de la Delegación Española y Miembro de la Mesa del del Comité de las Regiones, CDR
02-07-2010

Alberto Núñez Feijoo Acadar unha verdadeira “cohesión territorial” neste eixo do atlántico sur do continente
Alberto Núñez Feijoo
Presidente de la Xunta de Galicia
03-06-2010

Ana Luísa Duarte de Almeida e Campos Miranda Ladeiras A Euro-Região: Dois países, Um destino
Ana Luísa Duarte de Almeida e Campos Miranda Ladeiras
Administradora Delegada de Turismo de Saúde e Bem-Estar de Turismo Porto e Norte
05-05-2010

Mª Carmen Pardo López Turismo e Eurorrexión
Mª Carmen Pardo López
Secretaria Xeral para o Turismo, Xunta de Gaicia
05-05-2010

Rui Nuno Baleiras Propostas para a cooperação territorial na próxima década
Rui Nuno Baleiras
Professor Associado na Escola de Economia e Gestão da Universidade do Minho e membro do seu Núcleo de Investigação em Políticas Económicas (NIPE)
02-03-2010

Agustín Hernández ACHEGANDO A EURORREXIÓN
Agustín Hernández
Conselleiro de Mediambiente, Territorio e Infraestructuras. Xunta de Galicia
01-02-2010

Xosé Luis Barreiro Rivas Galicia-Norte de Portugal: quitarle puertas al campo
Xosé Luis Barreiro Rivas
Director del Departamento de Ciencia Política de la Universidad de Santiago de Compostela
29-12-2009

Engº Luís Braga da Cruz A situação do Norte de Portugal face à crise económica do País
Engº Luís Braga da Cruz
Profesor Catedrático Convidado da Facultade de Enxeñaría da Universidade de O Porto
04-11-2009

 Emilio Fernández, Luis Ramos e Francesc Cárdenas AXENCIA DE ECOLOXÍA URBANA DO EIXO ATLÁNTICO Un instrumento para o desenvolvemento sostible da Eurorrexión Galicia-Norte e Portugal
Emilio Fernández, Luis Ramos e Francesc Cárdenas
Directores científicos da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico
02-10-2009

Ana Teresa Lehmann Creatividade e innovación na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia
Ana Teresa Lehmann
Vice-Presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte de Portugal
09-09-2009

David Pontes Liñas cruzadas
David Pontes
Director Adxunto Axencia Nacional de Noticias Lusa
08-07-2009

Xoan Vázquez Mao Unha eurorrexión con dobre vara de medir
Xoan Vázquez Mao
Secretario Xeral do Eixo Atlântico
19-06-2009

TURGALICIA

Sinatura Convidada

RSS RSS

ACHEGANDO A EURORREXIÓN

Agustín Hernández
Conselleiro de Mediambiente, Territorio e Infraestructuras. Xunta de Galicia

01-02-2010
Agustín Hernández

Agustín Hernández naceu no ano 1961, está casado é ten tres fillos. É enxeñeiro de Camiños,Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade en Cimentos e Estruturas. Funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.
- Ano 1987. Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV, S.A. como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e
como Subxefe do Departamento nº 3 en Pontevedra.
- Ano 1992. Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia
- Ano 1994. Xefe de Servizo de Construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia
- Ano 1994. Subdirector Xeral de Infraestructuras Hidráulicas
- Ano 1996. Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
- Ano 1998. Director Xeral de Obras Públicas da Xunta
- Ano 2005. Director de Construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A.
- Ano 2006. Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes
- Ano 2008. Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.
- Ano 2008. Conselleiro de Medioambiente Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia

 

O pobo galego e o portugués temos moitos máis puntos en común que separacións. En concreto, a rexión norte de Portugal amosa unha beleza e unha paisaxe semellante ás comarcas limítrofes da nosa terra. Compartimos unha historia e as nosas linguas e culturas desvelan moitas similitudes que calquera pode albiscar nunha simple ollada.

Non obstante, tamén moitos foron os impedimentos dun desenvolvemento común e moitas e de moitos tipos foron as trabas que impedían as sinerxías entre os dous territorios. É nestes tempos, cando a rexión Galicia – Norte de Portugal retoma a forza común de antano para dar un novo pulo aos dous territorios.

E un desenvolvemento común require unha accesibilidade entre os territorios que dende a Xunta de Galicia se impulsou e seguirá a impulsar. Moito cambiou a situación dende que a fermosa ponte internacional de Tui era a única sobre o Miño que comunicaba os nosos países, e aínda moito máis vamos mellorar.

Na consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estamos convencidos da importancia da vertebración comunicativa, xa non só no interior de Galicia senón tamén co norte de Portugal e o resto de España e do mundo.

Mais esa vertebración ten que responder a un modelo de ordenación territorial que planifique o desenvolvemento dun xeito sostible e que recolla as peculiaridades da nosa terra e das nosas xentes. É por iso que as infraestruturas deben responder ao modelo que os galegos e as galegas queremos para Galicia e, deste xeito, convértense en indispensables os documentos planificadores como as Directrices de Ordenación do Territorio ou o Plan de Ordenación do Litoral.

Neste sentido, o ferrocarril supuxo unha revolución ao conectar, hai máis de 125 anos, as cidades de Vigo e Porto. Aquelas máis de cinco horas de viaxe de 1886 polos camiños de ferro galegos e portugueses constituíronse en eixo de comunicación determinante do desenvolvemento cultural e económico das dúas rexións.

Hoxe volvemos precisar dun pulo como aquel, unha nova infraestrutura que nos achegue e favoreza. Na Xunta de Galicia estamos convencidos da necesidade de contar cunha liña ferroviaria de alta velocidade entre aquelas mesmas cidades que nos faga compartir desenvolvemento. Mais a urxencia da mellora desta conexión provoca que, mentres a nova liña non sexa realidade, consideremos irrenunciable a mellora dos servizos actuais entre Vigo e Porto.


Mais non só o ferrocarril vertebra e conecta estes territorios. É innegable que as comunicacións por estrada tamén foron e están a ser determinantes. Moito temos avanzado neste eido, as pontes internacionais de Tui ou de Goián son boa proba diso. E moito máis imos avanzar. O plan de Mobilidade da Xunta, o Plan MOVE, planifica novas vías fundamentais de potenciación da permeabilidade transfronteiriza.

A Vía de Altas Prestacións entre Tui e A Guarda, que discorrerá á beira do Miño, xa se atopa en execución. Cun investimento de 180 millóns de euros, esta nova vía de 28 quilómetros non só articula o Baixo Miño senón que tamén supón unha avance das conexións con Portugal e achega a  ponte internacional entre Vilanova de Cerveira e Goián á rede viaria de altas prestacións de Galicia.

Tamén cómpre destacar a nova VAP entre a autovía das Rías Baixas, a Plataforma Loxística Salvaterra – As Neves e Portugal, que conectará a maior superficie loxística do sur de Galicia co país luso, a través dunha nova ponte internacional, así como coa autovía das Rías Baixas, mediante unha nova autovía. Case 50 millóns de euros para 7’4 km. de vía que potenciarán, entre outros, os intercambios comerciais transfronteirizos. Ademais, coa execución da futura autovía A-57 entre Ponteareas, Pontevedra e a AP-9 en Curro, darase unha continuidade máis directa que a solución actual para desprazarse cara o norte de Galicia.

E por último, gustaríame destacar o importante esforzo que estamos a desenvolver na provincia de Ourense, onde estamos a mellorar a conexión de Ourense con Celanova e a fronteira portuguesa. Entre a capital das Burgas e a ilustre vila da que son naturais personaxes como Curros ou Celso Emilio Ferreiro, discorrerá unha nova autovía de 19 quilómetros na que estamos a investir máis de 72 millóns de euros e que xa se atopa adxudicada e que será unha realidade no horizonte do ano 2013.

Todo o dito constitúe unha forte aposta do goberno galego pola cooperación e desenvolvemento conxunto e que redundarán positivamente nos que habitamos a un ou outro lado da fronteira. Un esforzo que require a colaboración de todos e no que a boa relación co goberno portugués e o punto de encontro no que se converte a asociación do Eixo Atlántico constituirán uns fortes alicerces de progreso.

 

volver atrás

Eixo Atlântico del Noroeste Peninsular.
Bolivia 4. 36203 Vigo, Pontevedra [España].
Tel. +34 986 480 616
Av. inferior á Ponte D. Luis I, 55. 4050-074 Porto [Portugal].
Tel. +351 222019937
galicia.prensa@eixoatlantico.com

Accesibilidade
Política de Privacidade
Aviso Legal
Créditos